O día 10 de Febreiro, Dani cumpriu 4 aniños!
PARABÉNS PARA O NOSO DANIEL!!! 💙
Hoxe celebramos que Covadonga xa ten 4 anos!! 😃 Todos e todas cantámoslle os parabéns!
https://drive.google.com/file/d/1D4DzjFxSQ5vZCkCA-0kdZ8TFn0UZ6Daa/view?usp=sharing
Onte os parruliños e parruliñas voltamos ao cole despois de disfrutar das tan merecidas vacacións de Nadal. E... sabedes o que nos atopamos na clase? Unha chea de agasachos para nós!!! 😍
Había un paquete moi grande que era unha mesa de luz, e outros dous que tiñan uns rotuladores e unhas figuriñas para xogar con ela. O último paquete tiña uns cadernos para pintar moi chulos.
Puxémonos moi contentos e contentas e disfrutamos destes agasallos. 💙
Nestas últimas semanas os parruliños e parruliñas traballaron moito para conseguir que a maxia do Nadal enchera a nosa aula. 💗
O primeiro que fixemos foron unhas bolas estampando as súas mans para decorar a árbore da clase, e uns bonecos de neve para pendurar na árbore do corredor. Coas nosas mans elaboramos unhas coroas do reno Rodolfo.
Estivemos moi ocupados preparando a postal de Nadal para levar a correos e que chegase así a cada casa, e tamén fomos levar as cartas aos reis magos ao buzón Real da Ferraria.
Non cansados de traballar tanto, decoramos as nosas bolsiñas vestindo a Pato Pico de nadal e enchendo esta bolsa con todos os traballos que fixemos durante este trimestre.
Ah!! Acordádesvos das botiñas que decorastes cos vosos fillos e fillas? Pois tamén nos serviron para completar o mural que fixeron as nosas profes en prácticas Julia e Nerea ! 😍
Para que vexades o resultado de tanto traballo, deixovos aquí unhas fotiños:
Quero desexarvos un moi feliz Nadal e que o Aninovo 2022 veña cheiño de boas cousas! 😘💙
O pasado 25 de Novembro, foi o día da NON violencia de xénero. Explicámoslles aos parruliñ@s a importancia deste día, e que cousiñas podíamos facer nós contra esta: non pegar, non empurrar, falarlle con cariño as/os amig@s, dicirlle aos nosos compañeir@s o que non nos gusta que nos fagan...
Para que puideran entendelo mellor, contámoslles o conto de Arturo e Clementina, que narra unha historia que fala do respeto e da liberdade.
Para lembrar este día fixemos dúas actividades!!
Primeiro, printamos un lazo con cera morada e que logo levamos para a casa.
No día de San Martiño celebramos o magosto no cole. Comemos castañas no bolsiño que fixemos, disfrutamos de xogos tradicionáis, bailamos... foi unha festa xenial! 😆
Aquí un resumo de todo o que fixemos:
Despois de tres anos, chegou o momento de despedirnos... Foros tres anos marabillosos nos que puidemos compartir experiencias inolvidables!...