luns, 29 de novembro de 2021

Día Internacional contra a Violencia de Xénero

O pasado 25 de Novembro, foi o día da NON violencia de xénero. Explicámoslles aos parruliñ@s a importancia deste día, e que cousiñas podíamos facer nós contra esta: non pegar, non empurrar, falarlle con cariño as/os amig@s, dicirlle aos nosos compañeir@s o que non nos gusta que nos fagan...

Para que puideran entendelo mellor, contámoslles o conto de Arturo e Clementina, que narra unha historia que fala do respeto e da liberdade.

Para lembrar este día fixemos dúas actividades!! 

Primeiro, printamos un lazo con cera morada e que logo levamos para a casa.

A segunda actividade foi pintar unha das nosas mans con témpera morada e estampala nun mural que puxemos no corredor. Esta actividade fixémola entre todos os nenos e nenas de educación infantil.



Anímovos a todas as familias a tratar este tema na vida diaria, xa que é moi importante e non só deberíamos recordalo un día ao ano.
QUEREMOS A VIOLENCIA MOI MOI LONXE DE NÓS!!! 💜



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Ata sempre parruliños e parruliñas!

 Despois de tres anos, chegou o momento de despedirnos... Foros tres anos marabillosos nos que puidemos compartir experiencias inolvidables!...