mércores, 22 de decembro de 2021

O Nadal dos parruliños e parruliñas!

 Nestas últimas semanas os parruliños e parruliñas traballaron moito para conseguir que a maxia do Nadal enchera a nosa aula.  💗

O primeiro que fixemos foron unhas bolas estampando as súas mans para decorar a árbore da clase, e uns bonecos de neve para pendurar na árbore do corredor. Coas nosas mans elaboramos unhas coroas do reno Rodolfo.

Estivemos moi ocupados preparando a postal de Nadal para levar a correos e que chegase así a cada casa, e tamén fomos levar as cartas aos reis magos ao buzón Real da Ferraria.

Non cansados de traballar tanto, decoramos as nosas bolsiñas vestindo a Pato Pico de nadal e enchendo esta bolsa con todos os traballos que fixemos durante este trimestre.

Ah!! Acordádesvos  das botiñas que decorastes cos vosos fillos e fillas? Pois tamén nos serviron para completar o mural que fixeron as nosas profes en  prácticas Julia e Nerea ! 😍

Para que vexades o resultado de tanto traballo, deixovos aquí unhas fotiños:


Fotos nadal

Despedimos este trimestre interpretando dúas panxolidas tituladas 'EL reno Rodolfo' e 'Volver á casa por Nadal'.


Quero desexarvos un moi feliz Nadal e que o Aninovo 2022 veña cheiño de boas cousas! 😘💙




Ningún comentario:

Publicar un comentario

Ata sempre parruliños e parruliñas!

 Despois de tres anos, chegou o momento de despedirnos... Foros tres anos marabillosos nos que puidemos compartir experiencias inolvidables!...