mércores, 22 de decembro de 2021

O Nadal dos parruliños e parruliñas!

 Nestas últimas semanas os parruliños e parruliñas traballaron moito para conseguir que a maxia do Nadal enchera a nosa aula.  💗

O primeiro que fixemos foron unhas bolas estampando as súas mans para decorar a árbore da clase, e uns bonecos de neve para pendurar na árbore do corredor. Coas nosas mans elaboramos unhas coroas do reno Rodolfo.

Estivemos moi ocupados preparando a postal de Nadal para levar a correos e que chegase así a cada casa, e tamén fomos levar as cartas aos reis magos ao buzón Real da Ferraria.

Non cansados de traballar tanto, decoramos as nosas bolsiñas vestindo a Pato Pico de nadal e enchendo esta bolsa con todos os traballos que fixemos durante este trimestre.

Ah!! Acordádesvos  das botiñas que decorastes cos vosos fillos e fillas? Pois tamén nos serviron para completar o mural que fixeron as nosas profes en  prácticas Julia e Nerea ! 😍

Para que vexades o resultado de tanto traballo, deixovos aquí unhas fotiños:


Fotos nadal

Despedimos este trimestre interpretando dúas panxolidas tituladas 'EL reno Rodolfo' e 'Volver á casa por Nadal'.


Quero desexarvos un moi feliz Nadal e que o Aninovo 2022 veña cheiño de boas cousas! 😘💙




luns, 29 de novembro de 2021

Día Internacional contra a Violencia de Xénero

O pasado 25 de Novembro, foi o día da NON violencia de xénero. Explicámoslles aos parruliñ@s a importancia deste día, e que cousiñas podíamos facer nós contra esta: non pegar, non empurrar, falarlle con cariño as/os amig@s, dicirlle aos nosos compañeir@s o que non nos gusta que nos fagan...

Para que puideran entendelo mellor, contámoslles o conto de Arturo e Clementina, que narra unha historia que fala do respeto e da liberdade.

Para lembrar este día fixemos dúas actividades!! 

Primeiro, printamos un lazo con cera morada e que logo levamos para a casa.

A segunda actividade foi pintar unha das nosas mans con témpera morada e estampala nun mural que puxemos no corredor. Esta actividade fixémola entre todos os nenos e nenas de educación infantil.



Anímovos a todas as familias a tratar este tema na vida diaria, xa que é moi importante e non só deberíamos recordalo un día ao ano.
QUEREMOS A VIOLENCIA MOI MOI LONXE DE NÓS!!! 💜



domingo, 21 de novembro de 2021

Benvido magosto!

 No día de San Martiño celebramos o magosto no cole. Comemos castañas no bolsiño que fixemos, disfrutamos de xogos tradicionáis, bailamos... foi unha festa xenial! 😆

Aquí un resumo de todo o que fixemos:

Magosto


Aniversario Novembro

Parabéns a nosa parruliña máis nova, Maryam! 💙

 


A maxia do Samaín

No cole estivemos traballando moitísimo polo Samaín. Queredes botar unha ollada?

Premer aquí

Así de guapos e guapas viñemos ao cole o día do Samaín. 


Tamén traballastes moito na casa, pois trouxestes unhas cabazas moi terroríficas! 😵







Aniversario Outubro

Parabéns Melody!!! Xa te estás facendo maior! 😍




luns, 15 de novembro de 2021

O Outono chega á nosa aula!

 Ola familias! 

Dende que comezou o Outono estamos a facer diversas actividades sobre esta nova estación. Empregamos materiais relacionados coa estación e creamos verdadeiras obras de arte!! Deixámosvos aquí unha mostra dos taballiños que fixemos.





Pasamolo xenial decorando este mural do Outono que temos posto no corredor 😄


Déixovos aqui o resto das fotos:
Premer aquí

Ata sempre parruliños e parruliñas!

 Despois de tres anos, chegou o momento de despedirnos... Foros tres anos marabillosos nos que puidemos compartir experiencias inolvidables!...