luns, 27 de maio de 2024

Correlingua 2024

 Hoxe, os parruliños e as parruliñas puidemos disfrutar dunha nova experiencia coa nosa participación no Correlingua 2024. 

Despois dun percorrido polas rúas de Pontevedra e baixo o lema Dende aquí até acolá, galego xa!

volvemos á Alameda para merendar e despois disfrutar da actuación da banda A Gramola Gominola.

Pasámolo xenial!! 😍

Fotos e videos do Correlingua


domingo, 28 de abril de 2024

Aniversarios de Abril

 No mes de abril estiveron de aniversario Eros e Priyanka, que cumpliron 6 anos.

Despois de decorar as súas coroas e soprar as candeas, convidáronnos a un biscoito. 

Rematamos a festa cantando e bailando.

Parabéns parruliños!!





mércores, 24 de abril de 2024

Exposición: A Nosa Arte

 Hoxe fixemos unha saída ao  Café Moderno!

Cando chegamos, estábannos esperando Raquel e Carmen, que foron as encargadas de explicarnos as diferentes actividades.

Primeiro, fixemos un obradoiro no que tiñamos que construir un robot-pintor e,  despois fomos á sala de exposicións . Carmen,  leunos unhas poesías e tiñamos que buscar os cadros aos que se referían.

Foi unha mañá moi divertida! 





Lecturas compartidas

 Onte, 23 de Abril, conmemoramos o Día do Libro. O que máis nos gustou foi o apadriñamento lector cos nenos e nenas de 6º E.P. que elexiron uns contos moi chulos para contarnos. 





sábado, 6 de abril de 2024

Os aniversarios de marzo

 Asier, Carla, Korina e Mateo cumpriron 6 anos no mes de marzo, e festexámolo no cole.

Fixeron cadansúa coroa, sopraron as candeas e convidáronnos a merendar.






Parabéns parruliños e parruliñas!! 😄😄




domingo, 24 de marzo de 2024

Na busca dos ovos!

 Para poñer fin ao segundo trimestre, os parruliños e as parruliñas tiñamos unha misión moi importante: atopar os ovos de chocolate!!

Para iso, tiñamos que seguir unhas pistas e superar uns retos. A primeira pista atopámola no corredor da nosa planta, onde tiñamos unha decoración chulísima con moitos debuxos de ovos. Alí atopamos un sobre cun reto, e así sucesivamente. Como o fixemos en equipo, resultounos bastante fácil atopalos. 

Deixámosvos unhas fotos para que vexades o divertido que foi!!


                                                              BOAS VACACIÓNS!!!😍😍

domingo, 10 de marzo de 2024

A maxia enche o Salón do Libro

 Por fin chegou o agardado día!!!Que ganas tiñamos de visitar o Salón do Libro !

Cando chegamos, estábanos esperando Orbil e puidemos darlle unhas apertas moi agarimosas. De seguido, Raquel, que era a nosa monitora, levounos á Cova dos libros fantásticos onde puidemos disfrutar coas historias de Sonsoles, a súa música, e uns xogos moi divertidos. 

Máis tarde, fixemos un percorrido polo Salón, que este ano está cheo de personaxes mitolóxicos e lexendarios. Tamén puidemos ver os traballos que fixeron os colexios que participaron nesta edición. O que máis nos gustou foi o noso caldeiro máxico no que participamos todos os nenos e nenas do cole! 😍

Foi unha mañá moi divertida! Aquí vos deixamos fotos e videos da visita. 

Salón do libro


Ata sempre parruliños e parruliñas!

 Despois de tres anos, chegou o momento de despedirnos... Foros tres anos marabillosos nos que puidemos compartir experiencias inolvidables!...