domingo, 24 de marzo de 2024

Na busca dos ovos!

 Para poñer fin ao segundo trimestre, os parruliños e as parruliñas tiñamos unha misión moi importante: atopar os ovos de chocolate!!

Para iso, tiñamos que seguir unhas pistas e superar uns retos. A primeira pista atopámola no corredor da nosa planta, onde tiñamos unha decoración chulísima con moitos debuxos de ovos. Alí atopamos un sobre cun reto, e así sucesivamente. Como o fixemos en equipo, resultounos bastante fácil atopalos. 

Deixámosvos unhas fotos para que vexades o divertido que foi!!


                                                              BOAS VACACIÓNS!!!😍😍

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Ata sempre parruliños e parruliñas!

 Despois de tres anos, chegou o momento de despedirnos... Foros tres anos marabillosos nos que puidemos compartir experiencias inolvidables!...