venres, 23 de decembro de 2022

O Nadal xa está aquí !!


Despois de tanto traballar chegan as merecidas vacacións do Nadal !

Onte tivemos unha mañá moi divertida, pois despedimos o trimestre cunha festa preparada polas familias dos nenos e nenas do cole. 

Primeiro fomos a unha sesión de maquillaxe e logo sorprendéronnos cunha merenda moi especial con rosca e chocolate. 

Coa barriguiña ben chea, xuntámonos no patio todos os nenos e nenas do cole, para celebrar as badaladas con 'gusanitos' e baile. A ver cando nos recuperamos de tanto movemento ! 😆

Para rematar, invitamos ás familias dos parruliños e parruliñas a unha actuación onde cantamos e bailamos a panxoliña Polo Nadal. 

O máis triste foi que tivemos que despedirnos de Duendín, o noso elfo favorito. Agardamos que volva a nosa aula o vindeiro Nadal!


Durante todo o mes de decembro, estivemos a traballar o Nadal: fixemos postais, elaboramos adornos para decorar os corredores e a aula e fixemos unha bolsiña decorada para gardar os nosos traballos do trimestre...

Tamén, saímos do cole para levar as postais a Correos e para levar a carta dos Reis Magos ao buzón real da Ferraría.

Para que poidades ver todas estas actividades, déixovos unhas fotiños.

 


 FOTOS NADAL

Bo Nadal familias, vémonos a volta das vacacións!!

Unha aperta enorme 💘

xoves, 1 de decembro de 2022

Un elfo na nosa aula!

 Hoxe ao chegar a clase... menuda sorpresa nos atopamos!

Resulta que se colara na nosa aula un elfo de Papá Noel! Estaba dentro dunha caixiña e tiña unha carta e unhas moedas de chocolate para cada un!

O elfo vai estar na nosa clase ata o 24 de decembro, para contarlle a Papa Noel como nos portamos.

Contounos que lle encanta esconderse e facer travesuras asi que... esperamos que non nos poña a clase patas arriba! 😂






sábado, 26 de novembro de 2022

Non chega con querer, hai que querer ben.

 Onte, 25 de Novembro, foi o día Internacional contra a Violencia de Xénero. 

Dada a importancia deste día, todos os nenos e nenas do cole xuntámonos na entrada para gardar un minuto de silencio en favor das victimas que sofren este tipo de violencia.

É necesario educar aos nosos peques no respeto e a tolerancia, ensinarlles a manifestar as conductas que non lles gustan e a importancia da comunicación e a empatía.










Aniversarios de novembro

 Onte festexamos na aula dos parruliños e parruliñas os aniversarios de novembro. 

Olivia, Victoria, Eugenia e Maryam, xa teñen 4 anos!!!💜💙

Despois de poñer as súas coroas e soprar as candeas comemos a tarta de aniversario... estaba boísima!


Agora xa é oficial, todos os parruliños e parruliñas temos 4 anos!! 😍😋






mércores, 9 de novembro de 2022

Vivan as castañas!

 Seguimos celebrando as festas do Outono, e neste caso tocoulle ao Magosto!

Hoxe foi un día moi divertido. Este ano visitounos o castañeiro, que encheu os nosos cestiños de ricas castañas. Que boas estaban!! 😜

Ademais, as mestras e os mestres prepararon uns xogos populares moi divertidos, nos que puidemos descargar moita enerxía jeje

Para que vexades o ben que o pasamos, deixámosvos unhas fotiños.








domingo, 30 de outubro de 2022

O SAMAÍN DOS PARRULIÑOS E DAS PARRULIÑAS!!

 Esta semana estivemos a facer moitas actividades para celebrar esta festa que tanto nos gusta. Fixemos unha exposición de cabazas que trouxeron os nenos e as nenas. Escoitamos e bailamos cancións sobre o Samaín e lemos o conto A casa do rato Renato e o do Samaín.

Grazas á colaboración das familias, o noso cole está decorado con motivos terroríficos cun gran túnel do medo! 😦😦


Rematamos a semana cunha contacontos en inglés, que disfrutamos moitísimo!! 😍




Feliz Samaín para todos e todas!!!




xoves, 27 de outubro de 2022

Aniversarios de outubro

 Hoxe festexamos os aniversarios de Melody e Luciano, que xa teñen 4 anos!!

Fixemos unhas coroas chulísimas, cantamos Parabéns para ti e comemos as tartas que estaban boísimas 😋💖







Ata sempre parruliños e parruliñas!

 Despois de tres anos, chegou o momento de despedirnos... Foros tres anos marabillosos nos que puidemos compartir experiencias inolvidables!...