Despois de tanto traballar chegan as merecidas vacacións do Nadal !
Onte tivemos unha mañá moi divertida, pois despedimos o trimestre cunha festa preparada polas familias dos nenos e nenas do cole.
Primeiro fomos a unha sesión de maquillaxe e logo sorprendéronnos cunha merenda moi especial con rosca e chocolate.
Coa barriguiña ben chea, xuntámonos no patio todos os nenos e nenas do cole, para celebrar as badaladas con 'gusanitos' e baile. A ver cando nos recuperamos de tanto movemento ! 😆
Para rematar, invitamos ás familias dos parruliños e parruliñas a unha actuación onde cantamos e bailamos a panxoliña Polo Nadal.
O máis triste foi que tivemos que despedirnos de Duendín, o noso elfo favorito. Agardamos que volva a nosa aula o vindeiro Nadal!
Durante todo o mes de decembro, estivemos a traballar o Nadal: fixemos postais, elaboramos adornos para decorar os corredores e a aula e fixemos unha bolsiña decorada para gardar os nosos traballos do trimestre...
Tamén, saímos do cole para levar as postais a Correos e para levar a carta dos Reis Magos ao buzón real da Ferraría.
Para que poidades ver todas estas actividades, déixovos unhas fotiños.
Bo Nadal familias, vémonos a volta das vacacións!!
Unha aperta enorme 💘
Ningún comentario:
Publicar un comentario