Kiara cumpriu 6 anos no mes de maio e festexámolo no cole.
Despois de decorar a súa coroa, soprou as candeas e repartíu a tata de amorodos a todos os parruliños e parruliñas.
Como remate, bailamos todas e todos xuntos/as!! 💚
Kiara cumpriu 6 anos no mes de maio e festexámolo no cole.
Despois de decorar a súa coroa, soprou as candeas e repartíu a tata de amorodos a todos os parruliños e parruliñas.
Como remate, bailamos todas e todos xuntos/as!! 💚
Hoxe, os parruliños e as parruliñas puidemos disfrutar dunha nova experiencia coa nosa participación no Correlingua 2024.
Despois dun percorrido polas rúas de Pontevedra e baixo o lema Dende aquí até acolá, galego xa!
volvemos á Alameda para merendar e despois disfrutar da actuación da banda A Gramola Gominola.
Pasámolo xenial!! 😍
Fotos e videos do CorrelinguaNo mes de abril estiveron de aniversario Eros e Priyanka, que cumpliron 6 anos.
Despois de decorar as súas coroas e soprar as candeas, convidáronnos a un biscoito.
Rematamos a festa cantando e bailando.
Parabéns parruliños!!
Hoxe fixemos unha saída ao Café Moderno!
Cando chegamos, estábannos esperando Raquel e Carmen, que foron as encargadas de explicarnos as diferentes actividades.
Primeiro, fixemos un obradoiro no que tiñamos que construir un robot-pintor e, despois fomos á sala de exposicións . Carmen, leunos unhas poesías e tiñamos que buscar os cadros aos que se referían.
Foi unha mañá moi divertida!
Onte, 23 de Abril, conmemoramos o Día do Libro. O que máis nos gustou foi o apadriñamento lector cos nenos e nenas de 6º E.P. que elexiron uns contos moi chulos para contarnos.
Asier, Carla, Korina e Mateo cumpriron 6 anos no mes de marzo, e festexámolo no cole.
Fixeron cadansúa coroa, sopraron as candeas e convidáronnos a merendar.
Para poñer fin ao segundo trimestre, os parruliños e as parruliñas tiñamos unha misión moi importante: atopar os ovos de chocolate!!
Para iso, tiñamos que seguir unhas pistas e superar uns retos. A primeira pista atopámola no corredor da nosa planta, onde tiñamos unha decoración chulísima con moitos debuxos de ovos. Alí atopamos un sobre cun reto, e así sucesivamente. Como o fixemos en equipo, resultounos bastante fácil atopalos.
Deixámosvos unhas fotos para que vexades o divertido que foi!!
BOAS VACACIÓNS!!!😍😍
Despois de tres anos, chegou o momento de despedirnos... Foros tres anos marabillosos nos que puidemos compartir experiencias inolvidables!...