domingo, 10 de marzo de 2024

A maxia enche o Salón do Libro

 Por fin chegou o agardado día!!!Que ganas tiñamos de visitar o Salón do Libro !

Cando chegamos, estábanos esperando Orbil e puidemos darlle unhas apertas moi agarimosas. De seguido, Raquel, que era a nosa monitora, levounos á Cova dos libros fantásticos onde puidemos disfrutar coas historias de Sonsoles, a súa música, e uns xogos moi divertidos. 

Máis tarde, fixemos un percorrido polo Salón, que este ano está cheo de personaxes mitolóxicos e lexendarios. Tamén puidemos ver os traballos que fixeron os colexios que participaron nesta edición. O que máis nos gustou foi o noso caldeiro máxico no que participamos todos os nenos e nenas do cole! 😍

Foi unha mañá moi divertida! Aquí vos deixamos fotos e videos da visita. 

Salón do libro


sábado, 9 de marzo de 2024

Día Internacional da Muller Traballadora

 Durante esta semana, os parruliños e as parruliñas fixemos diversas actividades para conmemorar o 8 de marzo. Falamos e reflexionamos sobre a importancia de vivir en igualdade e de respectarnos. 

Ao longo da semana viñeron ao cole distintas mulleres que nos deron unhas charlas sobre as súas profesións. Para nós había programada unha charla de dúas árbitras de fútbol.

Tamén estivemos a facer un mural  das mulleres marabillosas da nosa vida e que puxemos no corredor da planta de infantil.


No taller de igualdade fixemos unhas tarxetas coa profe Lupe para conmemorar esta data.






domingo, 25 de febreiro de 2024

Aniversario de Daniel

 Neste segundo mes do ano, tivemos de aniversario a Daniel, que xa ten 6 anos!

Para celebralo, decorou a súa coroa, e despois de cantarlle os 'Parabéns', soprou as candeas. Trouxonos unha tarta que fixoa súa nai e estaba boísima!! Despois estivemos movendo o esqueleto e pasámolo xenial!! 😋😋





Parabéns Daniel!!


domingo, 18 de febreiro de 2024

Un paseo polo entroido

 Despois dunha semana onde viñemos ao cole pintados cada día de personaxes diferentes seguindo o mandadiño, o pasado venres chegou o gran día do entroido!

O tema era a maxia, e os nenos e nenas de infantil disfrazámonos de Merlín. Deixámosvos unhas fotiños para que vexades o ben que o pasamos neste entroido.





mércores, 31 de xaneiro de 2024

Día Escolar da Non Violencia e a Paz

 Onde celebramos o Día Escola da Non Violencia e a Paz. Os parruliños e parruliñas estivemos traballando sobre o que é a paz para todos nós. A parte de facer un mural para o corredor, pintando as nosas máns e plasmándoas en forma de corazón, tamén  fixemos un mandala da paz, que nos quedou moi chulo e levámolo colgado no pescozo.  

Saímos có resto do cole ao patio para escoitar os manifestos dos maiores e para cantar todos xuntos e xuntas a canción de Pablo Díaz, Día da Paz. 

Deixámosvos un video e unhas fotos das actividades.


venres, 26 de xaneiro de 2024

Aniversarios de xaneiro

Os parruliños fanse maiores e xa empezan a cumprir 6 anos!!!!

Hoxe festexamos os aniversarios de Ehyver e Covadonga no cole.  Despois de decorar as súas coroas, cantámoslle os Parabéns para ti, sopraron a candea do número 6 e comemos a tarta que trouxeron!

Estaba requeteboa!! 😜😜





PARABÉNS PARRULIÑOS!!!

Sesión de animación!

 O mércores tivemos, na biblioteca do cole, unha sesión de animación con Polo correo do vento.

Puidemos participar cantando, debuxando e escoitando relatos sobre o coidado do medio ambiente. 





Ata sempre parruliños e parruliñas!

 Despois de tres anos, chegou o momento de despedirnos... Foros tres anos marabillosos nos que puidemos compartir experiencias inolvidables!...