Durante esta semana, os parruliños e as parruliñas fixemos diversas actividades para conmemorar o 8 de marzo. Falamos e reflexionamos sobre a importancia de vivir en igualdade e de respectarnos.
Ao longo da semana viñeron ao cole distintas mulleres que nos deron unhas charlas sobre as súas profesións. Para nós había programada unha charla de dúas árbitras de fútbol.
Tamén estivemos a facer un mural das mulleres marabillosas da nosa vida e que puxemos no corredor da planta de infantil.
No taller de igualdade fixemos unhas tarxetas coa profe Lupe para conmemorar esta data.
Ningún comentario:
Publicar un comentario