luns, 1 de maio de 2023

Aniversarios abril

 Os parruliños e parruliñas seguen a facerse maiores!!!

Esta vez foron Eros e Priyanka os encargados de soplar as candeas! 👏

Benvidos ao club dos 5 anos! 💚




Parabén para Eros e Priyanka!


domingo, 23 de abril de 2023

Semana do libro

 Esta semana estivemos moi atarefados celebrando a Semana do Libro.

Entre as actividades programadas, o luns poidemos disfrutar dunha obra de teatro no auditorio de Afundación, inspirada no conto O parrulo feo de Hans Christian Andersen.

Parrulo feo



O mércores, os nenos e nenas de cuarto de primaria estiveron contándolle contos aos parruliños e parruliñas diante do colexio. Pasárono xenial!! 

Foi unha semana fantástica 💙




FELIZ DÍA DO LIBRO!!!



sábado, 1 de abril de 2023

Aniversarios de Marzo

 Onte, último día do mes, festexamos os aniversarios de Carla I, Korina, Mateo e Asier. Despois de decorar as coroas, sopraron as 5 candeas e merendamos un delicioso biscoito de chocolate!!

Disfrutamos moito cantando e bailando todos xuntos.

Parabéns aos catro!!!





Sorpresa, sorpresa!!

Como remate do trimestre, Patopico deixóunos unha carta onde nos propoñía un xogo...
Para conseguir unha sorpresa, tiñamos que ir superando distintos retos e descubrir as pistas que nos levarían ao noso premio.
Despois de tanto esforzo conseguimos unha cesta chea de ovos de chocolate!!!

martes, 28 de febreiro de 2023

Parabéns Dani !!!

 Hoxe festexamos o aniversario de Daniel no cole. 

Fixemos unha coroa chulísima, cantamos, bailamos, e Dani soprou as súas 5 candeas.

Despois comemos a tarta de chocolate que estaba boísima!




xoves, 23 de febreiro de 2023

O día de Rosalía

 Hoxe celebramos no cole o aniversario de Rosalía de Castro. 

Rosalía escribiu moitos poemas, pero nos escollemos os primeiros versos de Eu ben vin estar ó moucho do seu libro Cantares Gallegos. Cantámolo, recitámolo e fixemos unha careta de moucho ben chula!



Actividades Rosalía

venres, 17 de febreiro de 2023

O Entroido dos xogos

Durante esta semana puidemos disfrutar cumprindo o mandadiño e puidemos vir con diferentes complementos. O xoves, os parruliños e as parruliñas, puideron vir co seu disfrace favorito ao cole. 
Hoxe, despois de encher as nosas barriguiñas co chocolate que nos prepararon algunhas familias encargadas, puxemos o noso disfrace de xadrez e saímos á Praza de Barcelos .Os nenos e nenas de infantil desfilamos coa nosa pancarta e despois disfrutamos  cos bailes dos maiores.
Moitas grazas ás familias por acompañarnos e pola vosa colaboración!!!!!

FELIZ  ENTROIDO!!!!!😍😍

Ata sempre parruliños e parruliñas!

 Despois de tres anos, chegou o momento de despedirnos... Foros tres anos marabillosos nos que puidemos compartir experiencias inolvidables!...