venres, 17 de febreiro de 2023

O Entroido dos xogos

Durante esta semana puidemos disfrutar cumprindo o mandadiño e puidemos vir con diferentes complementos. O xoves, os parruliños e as parruliñas, puideron vir co seu disfrace favorito ao cole. 
Hoxe, despois de encher as nosas barriguiñas co chocolate que nos prepararon algunhas familias encargadas, puxemos o noso disfrace de xadrez e saímos á Praza de Barcelos .Os nenos e nenas de infantil desfilamos coa nosa pancarta e despois disfrutamos  cos bailes dos maiores.
Moitas grazas ás familias por acompañarnos e pola vosa colaboración!!!!!

FELIZ  ENTROIDO!!!!!😍😍

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Ata sempre parruliños e parruliñas!

 Despois de tres anos, chegou o momento de despedirnos... Foros tres anos marabillosos nos que puidemos compartir experiencias inolvidables!...