sábado, 1 de abril de 2023

Aniversarios de Marzo

 Onte, último día do mes, festexamos os aniversarios de Carla I, Korina, Mateo e Asier. Despois de decorar as coroas, sopraron as 5 candeas e merendamos un delicioso biscoito de chocolate!!

Disfrutamos moito cantando e bailando todos xuntos.

Parabéns aos catro!!!





Sorpresa, sorpresa!!

Como remate do trimestre, Patopico deixóunos unha carta onde nos propoñía un xogo...
Para conseguir unha sorpresa, tiñamos que ir superando distintos retos e descubrir as pistas que nos levarían ao noso premio.
Despois de tanto esforzo conseguimos unha cesta chea de ovos de chocolate!!!

martes, 28 de febreiro de 2023

Parabéns Dani !!!

 Hoxe festexamos o aniversario de Daniel no cole. 

Fixemos unha coroa chulísima, cantamos, bailamos, e Dani soprou as súas 5 candeas.

Despois comemos a tarta de chocolate que estaba boísima!




xoves, 23 de febreiro de 2023

O día de Rosalía

 Hoxe celebramos no cole o aniversario de Rosalía de Castro. 

Rosalía escribiu moitos poemas, pero nos escollemos os primeiros versos de Eu ben vin estar ó moucho do seu libro Cantares Gallegos. Cantámolo, recitámolo e fixemos unha careta de moucho ben chula!



Actividades Rosalía

venres, 17 de febreiro de 2023

O Entroido dos xogos

Durante esta semana puidemos disfrutar cumprindo o mandadiño e puidemos vir con diferentes complementos. O xoves, os parruliños e as parruliñas, puideron vir co seu disfrace favorito ao cole. 
Hoxe, despois de encher as nosas barriguiñas co chocolate que nos prepararon algunhas familias encargadas, puxemos o noso disfrace de xadrez e saímos á Praza de Barcelos .Os nenos e nenas de infantil desfilamos coa nosa pancarta e despois disfrutamos  cos bailes dos maiores.
Moitas grazas ás familias por acompañarnos e pola vosa colaboración!!!!!

FELIZ  ENTROIDO!!!!!😍😍

luns, 30 de xaneiro de 2023

Construindo a Paz

 Hoxe comezamos unha nova semana na que todo o colexio celebramos o Día Escolar da Non Violencia e a Paz. 

Durante toda a semana pasada, os nenos e nenas de infantil, estivemos a decorar uns ladrillos con debuxos e palabras bonitas para facer un mural da Paz. 

Por outra parte, hoxe, os nenos e nenas de primaria leron poesías e manifestos sobre o tema. Despois todos/as xuntos, cantamos e bailamos a canción de Paco Nogueiras móvete.

Disfrutámolo moitísimo!







Aniversarios xaneiro

 Con este novo ano, os parruliños e parruliñas xa cumplen 5 anos, e os primeiros son Ehyver e Covagonda!! 

Festexámolo cunha super festa! Sopraron as 5 candeas despois de que lles cantaramos os parabéns!!

Merendamos unha tarta que estaba boísima e cantamos e bailamos un montón. 





Parabéns Ehyver e Covadonga!!

Ata sempre parruliños e parruliñas!

 Despois de tres anos, chegou o momento de despedirnos... Foros tres anos marabillosos nos que puidemos compartir experiencias inolvidables!...