martes, 28 de febreiro de 2023

Parabéns Dani !!!

 Hoxe festexamos o aniversario de Daniel no cole. 

Fixemos unha coroa chulísima, cantamos, bailamos, e Dani soprou as súas 5 candeas.

Despois comemos a tarta de chocolate que estaba boísima!




xoves, 23 de febreiro de 2023

O día de Rosalía

 Hoxe celebramos no cole o aniversario de Rosalía de Castro. 

Rosalía escribiu moitos poemas, pero nos escollemos os primeiros versos de Eu ben vin estar ó moucho do seu libro Cantares Gallegos. Cantámolo, recitámolo e fixemos unha careta de moucho ben chula!



Actividades Rosalía

venres, 17 de febreiro de 2023

O Entroido dos xogos

Durante esta semana puidemos disfrutar cumprindo o mandadiño e puidemos vir con diferentes complementos. O xoves, os parruliños e as parruliñas, puideron vir co seu disfrace favorito ao cole. 
Hoxe, despois de encher as nosas barriguiñas co chocolate que nos prepararon algunhas familias encargadas, puxemos o noso disfrace de xadrez e saímos á Praza de Barcelos .Os nenos e nenas de infantil desfilamos coa nosa pancarta e despois disfrutamos  cos bailes dos maiores.
Moitas grazas ás familias por acompañarnos e pola vosa colaboración!!!!!

FELIZ  ENTROIDO!!!!!😍😍

Ata sempre parruliños e parruliñas!

 Despois de tres anos, chegou o momento de despedirnos... Foros tres anos marabillosos nos que puidemos compartir experiencias inolvidables!...