venres, 23 de decembro de 2022

O Nadal xa está aquí !!


Despois de tanto traballar chegan as merecidas vacacións do Nadal !

Onte tivemos unha mañá moi divertida, pois despedimos o trimestre cunha festa preparada polas familias dos nenos e nenas do cole. 

Primeiro fomos a unha sesión de maquillaxe e logo sorprendéronnos cunha merenda moi especial con rosca e chocolate. 

Coa barriguiña ben chea, xuntámonos no patio todos os nenos e nenas do cole, para celebrar as badaladas con 'gusanitos' e baile. A ver cando nos recuperamos de tanto movemento ! 😆

Para rematar, invitamos ás familias dos parruliños e parruliñas a unha actuación onde cantamos e bailamos a panxoliña Polo Nadal. 

O máis triste foi que tivemos que despedirnos de Duendín, o noso elfo favorito. Agardamos que volva a nosa aula o vindeiro Nadal!


Durante todo o mes de decembro, estivemos a traballar o Nadal: fixemos postais, elaboramos adornos para decorar os corredores e a aula e fixemos unha bolsiña decorada para gardar os nosos traballos do trimestre...

Tamén, saímos do cole para levar as postais a Correos e para levar a carta dos Reis Magos ao buzón real da Ferraría.

Para que poidades ver todas estas actividades, déixovos unhas fotiños.

 


 FOTOS NADAL

Bo Nadal familias, vémonos a volta das vacacións!!

Unha aperta enorme 💘

xoves, 1 de decembro de 2022

Un elfo na nosa aula!

 Hoxe ao chegar a clase... menuda sorpresa nos atopamos!

Resulta que se colara na nosa aula un elfo de Papá Noel! Estaba dentro dunha caixiña e tiña unha carta e unhas moedas de chocolate para cada un!

O elfo vai estar na nosa clase ata o 24 de decembro, para contarlle a Papa Noel como nos portamos.

Contounos que lle encanta esconderse e facer travesuras asi que... esperamos que non nos poña a clase patas arriba! 😂






Ata sempre parruliños e parruliñas!

 Despois de tres anos, chegou o momento de despedirnos... Foros tres anos marabillosos nos que puidemos compartir experiencias inolvidables!...