mércores, 22 de xuño de 2022

Feliz verán!!!

 Este curso chegou ao final!! Chegan as vacacións e haberá tempo para disfrutar e cargar as pilas para voltar en Setembro con moita ilusión!

Hoxe divertímonos moito co Mago Paco e gustounos moito a súa maxia. Tamén estivemos bailando no ximnasio e, despois de tanto exercicio, fomos ao parque a tomar unha merenda moi rica!





Na clase, fixemos un baile moi chulo. Deixámosvos o video para que vexades o gran equipo que formamos os parruliños e parruliñas! 😊😊

Baile fin de curso

Deséxovos a todas as familias unhas felices vacacións e douvos as grazas pola vosa colaboración e implicación, tan importante para os nosos nenos e nenas 💖

Millóns de bicos e apertas!

domingo, 19 de xuño de 2022

Aniversarios de Xuño

 Este mes celebramos na aula o aniversario de Lucas e de Paz. Puxemos música e bailamos para celebrar que xa entran no club dos 4 anos!

Parabéns para Lucas e Paz!!💚




Os aniversarios do verán festexarémolos en Setembro :)


Ata sempre parruliños e parruliñas!

 Despois de tres anos, chegou o momento de despedirnos... Foros tres anos marabillosos nos que puidemos compartir experiencias inolvidables!...