O pasado 25 de Novembro, foi o día da NON violencia de xénero. Explicámoslles aos parruliñ@s a importancia deste día, e que cousiñas podíamos facer nós contra esta: non pegar, non empurrar, falarlle con cariño as/os amig@s, dicirlle aos nosos compañeir@s o que non nos gusta que nos fagan...
Para que puideran entendelo mellor, contámoslles o conto de Arturo e Clementina, que narra unha historia que fala do respeto e da liberdade.
Para lembrar este día fixemos dúas actividades!!
Primeiro, printamos un lazo con cera morada e que logo levamos para a casa.