domingo, 26 de novembro de 2023

O aniversario de Olivia!

 O pasado venres celebramos o aniversario de Olivia, que, como o resto dos parruliños e parruliñas, xa ten 5 anos!

Despois de adornar a súa coroa, Olivia soprou as candeas do seu quinto aniversario. Grazas pola tarta tan rica que nos trouxeches! 😉😉





Parabéns Olivia!!!



domingo, 19 de novembro de 2023

Ás ricas castañas!!!

O pasado xoves, os parruliños e as parruliñas estivemos de festa no cole.
Levabamos días preparando as nosas coroas e as cestas para poder meter as castañas.
Cando chegamos ao cole puidemos disfrutar dos xogos tradicionais que a profe Paula e o profe Jose tiñan preparados. Despois de comer as castañas, cantamos, bailamos é ensuiciamos a cara co tizón.

Mirade que ben o pasamos!! 😁😁😁






mércores, 1 de novembro de 2023

Chegou o Samaín!!!

Onte foi un día de festa no cole, xa que despois dunha semana facendo traballos e actividades sobre o Samaín, viñemos ao disfrazados e disfrazadas para pasar unha xornada terrorífica!! Estivemos mirando as cabazas que trouxemos, feitas na casa coa  axuda das familias. Tamén pasamos polo túnel do medo, cheo de pantasmas, esqueletos e bruxas. Finalmente, estivemos vendo a decoración do cole. Foi unha mañá moi divertida!! 😈😈
Fotos e video do Samaín

Aniversarios outubro!

 O pasado Luns, celebramos na aula os aniversarios de Luciano e Melody. Despois de facer as súas coroas, cantámoslle os Parabéns para ti, e sopraron moi forte ata apagar a candea. 

Despois de comer a tarda, bailamos e pasámolo xenial.





xoves, 28 de setembro de 2023

Aniversarios do verán

 O pasado luns, festexamos os aniversarios de Lucca, Thiago, Lucía, Jorge, Leo e Valentina. Despois de adornar as súas coroas e soplar as candeas, disfrutamos comendo un riquísimo biscoito de chocolate 😋

Parabéns parruliños e parruliñas!!!


Fotos da celebración

xoves, 21 de setembro de 2023

ESTAMOS DE VOLTA!!

Despois dun verán super divertido, voltamos ao cole para superar... o noso último curso de Educación Infantil!!
Temos novas incorporacións aos parrulos! Benvido e benvida Kira e Leo!
Todos/as xuntos/as pasaremos un curso xenial para finalizar a nosa etapa coma parruliños.

Para comezar o curso, hoxe fixemos a nosa primeira saída ao Pazo da Cultura. Alí puidemos disfrutar do concerto que nos adicou a Banda de Salcedo. Alfredo, o director da banda, explicounos as familias de instrumentos, e logo tocaron unhas cancións coñecidas por nós, cousa que nos encantou! Finalmente levantános todos e todas para bailar ao ritmo da música! 😍

















domingo, 25 de xuño de 2023

Feliz Verán!!!

 O pasado mércores fixemos a festa de despedida dun curso cheo de ilusións e aprendizaxes.

Grazas a colaboración do ANPA puidemos encher os bandullos, liberar enerxía nos inchables e tamén disfrutar na discoteca coa nosa música favorita.

 Agora toca aproveitar as vacacións e recargar as pilas para o vindeiro curso. Vémonos en setembro!!!

💙💙FELIZ VERÁN FAMILIAS!!! 💙💙



Videos e fotos da festa!

Ata sempre parruliños e parruliñas!

 Despois de tres anos, chegou o momento de despedirnos... Foros tres anos marabillosos nos que puidemos compartir experiencias inolvidables!...