Por fin chegou o día tan esperado!!
A visita a Apípolis... foi un día inesquecible, no que os nenos e as nenas fixeron un montón de actividades: vestíronse de apicultores e apicultoras para ir ó apiario, sacaron mel dos panais e envasárona en tarriños, fixeron unha vela, galletas de mel, xogaron, comeron xuntos e xuntas... non pararon nin un minuto!
Tampouco nos imos esquecer da viaxe en autobus que lles fixo moita ilusión.
Foi unha saida marabillosa!