venres, 26 de xaneiro de 2024

Sesión de animación!

 O mércores tivemos, na biblioteca do cole, unha sesión de animación con Polo correo do vento.

Puidemos participar cantando, debuxando e escoitando relatos sobre o coidado do medio ambiente. 





sábado, 23 de decembro de 2023

Tempo de Nadal

 Neste mes de decembro, estivemos a facer distintas actividades sobre o Nadal.

Os parruliños e as parruliñas puidemos disfrutar das trasnadas do noso elfo favorito, da elaboración de adornos para a aula e para levar á casa, das panxoliñas, da saída pola cidade...

No último día de cole, participamos nun obradorio de maquillaxe e enchemos os bandullos coa riquísima rosca con chocolate. Tamén disfrutamos cos compañeiros, compañeiras e profes, das campanadas diante do cole! E... para rematar, interpretamos panxoliñas todos os nenos/as  de infantil, e tamén os nenos/as de 1º de primaria!

Moitas grazas ás familias por vir a vernos!!





Fotos Nadal


Voltamos ao cole o luns, 8 de xaneiro!!

BOAS FESTAS!!!💓💓💓


domingo, 26 de novembro de 2023

O aniversario de Olivia!

 O pasado venres celebramos o aniversario de Olivia, que, como o resto dos parruliños e parruliñas, xa ten 5 anos!

Despois de adornar a súa coroa, Olivia soprou as candeas do seu quinto aniversario. Grazas pola tarta tan rica que nos trouxeches! 😉😉





Parabéns Olivia!!!



domingo, 19 de novembro de 2023

Ás ricas castañas!!!

O pasado xoves, os parruliños e as parruliñas estivemos de festa no cole.
Levabamos días preparando as nosas coroas e as cestas para poder meter as castañas.
Cando chegamos ao cole puidemos disfrutar dos xogos tradicionais que a profe Paula e o profe Jose tiñan preparados. Despois de comer as castañas, cantamos, bailamos é ensuiciamos a cara co tizón.

Mirade que ben o pasamos!! 😁😁😁






mércores, 1 de novembro de 2023

Chegou o Samaín!!!

Onte foi un día de festa no cole, xa que despois dunha semana facendo traballos e actividades sobre o Samaín, viñemos ao disfrazados e disfrazadas para pasar unha xornada terrorífica!! Estivemos mirando as cabazas que trouxemos, feitas na casa coa  axuda das familias. Tamén pasamos polo túnel do medo, cheo de pantasmas, esqueletos e bruxas. Finalmente, estivemos vendo a decoración do cole. Foi unha mañá moi divertida!! 😈😈
Fotos e video do Samaín

Aniversarios outubro!

 O pasado Luns, celebramos na aula os aniversarios de Luciano e Melody. Despois de facer as súas coroas, cantámoslle os Parabéns para ti, e sopraron moi forte ata apagar a candea. 

Despois de comer a tarda, bailamos e pasámolo xenial.





xoves, 28 de setembro de 2023

Aniversarios do verán

 O pasado luns, festexamos os aniversarios de Lucca, Thiago, Lucía, Jorge, Leo e Valentina. Despois de adornar as súas coroas e soplar as candeas, disfrutamos comendo un riquísimo biscoito de chocolate 😋

Parabéns parruliños e parruliñas!!!


Fotos da celebración

Ata sempre parruliños e parruliñas!

 Despois de tres anos, chegou o momento de despedirnos... Foros tres anos marabillosos nos que puidemos compartir experiencias inolvidables!...