Fotos e video do Samaín
mércores, 1 de novembro de 2023
Chegou o Samaín!!!
Aniversarios outubro!
O pasado Luns, celebramos na aula os aniversarios de Luciano e Melody. Despois de facer as súas coroas, cantámoslle os Parabéns para ti, e sopraron moi forte ata apagar a candea.
Despois de comer a tarda, bailamos e pasámolo xenial.
xoves, 28 de setembro de 2023
Aniversarios do verán
O pasado luns, festexamos os aniversarios de Lucca, Thiago, Lucía, Jorge, Leo e Valentina. Despois de adornar as súas coroas e soplar as candeas, disfrutamos comendo un riquísimo biscoito de chocolate 😋
Parabéns parruliños e parruliñas!!!
xoves, 21 de setembro de 2023
ESTAMOS DE VOLTA!!
domingo, 25 de xuño de 2023
Feliz Verán!!!
O pasado mércores fixemos a festa de despedida dun curso cheo de ilusións e aprendizaxes.
Grazas a colaboración do ANPA puidemos encher os bandullos, liberar enerxía nos inchables e tamén disfrutar na discoteca coa nosa música favorita.
Agora toca aproveitar as vacacións e recargar as pilas para o vindeiro curso. Vémonos en setembro!!!
💙💙FELIZ VERÁN FAMILIAS!!! 💙💙
luns, 19 de xuño de 2023
Aniversarios de xuño
Hoxe celebramos na aula os aniversarios de Lucas, Paz e Sara, que xa teñen 5 anos!!😋
Fixemos unha festa onde sopramos as candeas e despois comemos unha tarta que estaba boísima!
Como remate estivemos a bailar as nosas cancións preferidas!
Parabéns peques!
xoves, 15 de xuño de 2023
As familias na aula!!
Durante o mes de maio estivemos a traballar na aula AS PROFESIÓNS. Viñeron algúns papás e mamás a visitarnos e pasamos con eles momentos moi divertidos!!!
Puidemos coñecer de cerca as súas profesións.
Queremos darlles as grazas a todos e todas polo que nos ensinaron, pola súa colaboración, polo seu tempo, pola súa implicación, polos materiais aportados en todas as actividades e por facer posible esta bonita experiencia. 💙
PASÁMOLO XENIAL! 😂😍
Ata sempre parruliños e parruliñas!
Despois de tres anos, chegou o momento de despedirnos... Foros tres anos marabillosos nos que puidemos compartir experiencias inolvidables!...
-
Neste mes de decembro, estivemos a facer distintas actividades sobre o Nadal. Os parruliños e as parruliñas puidemos disfrutar das trasnada...
-
Despois de tres anos, chegou o momento de despedirnos... Foros tres anos marabillosos nos que puidemos compartir experiencias inolvidables!...
-
Onte foi un día de festa no cole, xa que despois dunha semana facendo traballos e actividades sobre o Samaín, viñemos ao disfrazados e disfr...