xoves, 21 de setembro de 2023
ESTAMOS DE VOLTA!!
domingo, 25 de xuño de 2023
Feliz Verán!!!
O pasado mércores fixemos a festa de despedida dun curso cheo de ilusións e aprendizaxes.
Grazas a colaboración do ANPA puidemos encher os bandullos, liberar enerxía nos inchables e tamén disfrutar na discoteca coa nosa música favorita.
Agora toca aproveitar as vacacións e recargar as pilas para o vindeiro curso. Vémonos en setembro!!!
💙💙FELIZ VERÁN FAMILIAS!!! 💙💙
luns, 19 de xuño de 2023
Aniversarios de xuño
Hoxe celebramos na aula os aniversarios de Lucas, Paz e Sara, que xa teñen 5 anos!!😋
Fixemos unha festa onde sopramos as candeas e despois comemos unha tarta que estaba boísima!
Como remate estivemos a bailar as nosas cancións preferidas!
Parabéns peques!
xoves, 15 de xuño de 2023
As familias na aula!!
Durante o mes de maio estivemos a traballar na aula AS PROFESIÓNS. Viñeron algúns papás e mamás a visitarnos e pasamos con eles momentos moi divertidos!!!
Puidemos coñecer de cerca as súas profesións.
Queremos darlles as grazas a todos e todas polo que nos ensinaron, pola súa colaboración, polo seu tempo, pola súa implicación, polos materiais aportados en todas as actividades e por facer posible esta bonita experiencia. 💙
PASÁMOLO XENIAL! 😂😍
luns, 12 de xuño de 2023
Visita aos bombeiros!
O pasado xoves, 8 de xuño, visitamos xunto cos nenos e nenas de 6º de E.I. o Parque de Bombeiros de Pontevedra.
Para algúns peques era a súa primeira vez en autobús!😃
Cando chegamos, estábannos esperando César, Rubén1, Rubén2 e Darío, para ofrecernos unha pequena charla acerca das funcións dos bombeiros e bombeiras e funcionamento do Parque.
Os parruliños e parruliñas puideron coñecer algunhas das súas ferramentas, subir a un camión, e ata probar os seus cascos!
A parte máis emocionante foi cando nos deixaron xogar coa escuma.
Foi unha experiencia moi enriquecedora e divertida!
Pasámolo xenial!!!😍😍
luns, 22 de maio de 2023
Semana das Letras Galegas
Un ano máis, conmemoramos a Semana das Letras Galegas. Estivemos a buscar información sobre o autor homenaxeado, Francisco Fernández del Riego. Tamén, como actividade divertida e interesante, fixemos o noso propio abecedario en galego! Serviunos para aprender moitas palabras novas que non coñeciamos!! 😍
xoves, 18 de maio de 2023
Visita á Policía Local
O pasado martes, 16 de maio, disfrutamos dunha xornada moi divertida!
Fixemos unha visita ás instalacións da Policía Local de Pontevedra.
Cando chegamos, estaba esperándonos Maya, que foi o policía encargado de ensinarnos todo sobre a súa profesión. Primeiro, levounos a unha nave onde teñen os coches, as motos, e ata unha bici de policía!!!
Tamén nos ensinou todos os materiais que empregan para a súa profesión. Despois levounos ás oficinas e tamén ao ximnasio, onde fan exercicio para manterse en forma. 😆
De seguido fomos a unha sala onde había moitas pantallas e puidemos ver distintas zonas de Pontevedra. Para rematar, leváronnos a outra sala e puxéronnos un conto na pantalla sobre seguridade vial.
Pasámolo xenial!! Xa estamos desexando facer outra saída!!
Ata sempre parruliños e parruliñas!
Despois de tres anos, chegou o momento de despedirnos... Foros tres anos marabillosos nos que puidemos compartir experiencias inolvidables!...
-
Neste mes de decembro, estivemos a facer distintas actividades sobre o Nadal. Os parruliños e as parruliñas puidemos disfrutar das trasnada...
-
Despois de tres anos, chegou o momento de despedirnos... Foros tres anos marabillosos nos que puidemos compartir experiencias inolvidables!...
-
Onte foi un día de festa no cole, xa que despois dunha semana facendo traballos e actividades sobre o Samaín, viñemos ao disfrazados e disfr...