Hoxe festexamos os aniversarios de Melody e Luciano, que xa teñen 4 anos!!
Fixemos unhas coroas chulísimas, cantamos Parabéns para ti e comemos as tartas que estaban boísimas 😋💖
Hoxe festexamos os aniversarios de Melody e Luciano, que xa teñen 4 anos!!
Fixemos unhas coroas chulísimas, cantamos Parabéns para ti e comemos as tartas que estaban boísimas 😋💖
Onte festexamos os aniversarios de Xullo, Agosto e Setembro.
Celebramos que xa teñen 4 anos Jorge, Valentina, Thiago, Lucía, Carla C, Mario, e Lucca!! 😁
O pasado xoves foi un día moi especial xa que, fixemos a primeira saida de 4 anos. Fomos de concerto ao Pazo da Cultura! Alí puidemos escoitar á Banda de Salcedo que tocou con moito agarimo para todas e todos nós. Aprendemos os nomes dos instrumentos que compoñen a banda e participamos nalgúns xogos que nos propoñían.
Foi súper divertido! 💕
Mirade que guapísimos e guapísimas estabamos esperando a que empezara a banda a tocar.
Onte comezou un novo curso, e os parruliños e parruliñas chegaban moi contentos/as acompañados das súas familias. Tamén coñecimos a Lucca, Olivia e Korina, que estarán na nosa aula neste curso! 💚
Fixemos unhas coroas moi chulas de Benvida ao cole, e démoslle moitas apertas a Pato Pico.
Déixovos unhas fotiños deste primeiro día😍
Este curso chegou ao final!! Chegan as vacacións e haberá tempo para disfrutar e cargar as pilas para voltar en Setembro con moita ilusión!
Hoxe divertímonos moito co Mago Paco e gustounos moito a súa maxia. Tamén estivemos bailando no ximnasio e, despois de tanto exercicio, fomos ao parque a tomar unha merenda moi rica!
Na clase, fixemos un baile moi chulo. Deixámosvos o video para que vexades o gran equipo que formamos os parruliños e parruliñas! 😊😊
Deséxovos a todas as familias unhas felices vacacións e douvos as grazas pola vosa colaboración e implicación, tan importante para os nosos nenos e nenas 💖
Millóns de bicos e apertas!
Este mes celebramos na aula o aniversario de Lucas e de Paz. Puxemos música e bailamos para celebrar que xa entran no club dos 4 anos!
Parabéns para Lucas e Paz!!💚
Aproveitando a visita ao 'obrador' da panadería Acuña. na Avda. de Vigo, fixemos un pequeno percorrido pola nosa cidade que nos encantou.
Cando chegamos a panadería recibiunos Jacobo, que nos levou ao almacén e explicounos os productos que tiñan alí e para que os utilizaban.
Despois de tres anos, chegou o momento de despedirnos... Foros tres anos marabillosos nos que puidemos compartir experiencias inolvidables!...