domingo, 15 de maio de 2022

As Letras Galegas

 Un ano máis, conmemoramos no cole 'As Letras Galegas'. Estivemos buscando información sobre o homenaxeado que é Florencio Delgado. Localizamos nun mapa Pontevedra e Ourense, provincia na que naceu Florencio. 

Ao longo da semana estivemos facendo diversas actividades sobre esta celebración e os parruliños e parruliñas decoraron e levaron para a casa a bandeira de Galicia coa foto do homenaxeado!

Deixovos aquí unhas fotiños da nosa semana :)


Letras Galegas









venres, 25 de marzo de 2022

Aniversarios do mes de Marzo

 Hoxe celebramos no cole que Mateo, Carla I. e Asier, xa teñen catro anos!! 😍

Puxeron as súas coroas e nós cantámoslles o 'Parabéns para ti'.




luns, 21 de marzo de 2022

Saída ao salón do libro

 Hoxe, os parruliños e parruliñas fixemos unha saída para visitar o Salón do Libro no Pazo da Cultura. Cando chegamos estaba ORBIL esperándonos e deunos moitos abrazos!

Fomos a unha contacontos e despois, as nosas guías, Vanesa e Carmen, fixeron connosco unha chea de actividades! Pasámolo xenial!! 😍

Aquí unhas fotiños:

Salón do libro

martes, 8 de marzo de 2022

Día internacional da muller

 Hoxe, 8 de Marzo, os parruliños e parruliñas conmemoramos o 'Día Internacional da muller'.

Vimos un video do Conto 'O libro dos porcos'  e fixemos uns cadros moi chulos que colgamos na árbore do mural do mes de Marzo.











Que vivan todas as mulleres!! 💜💜


venres, 11 de febreiro de 2022

martes, 11 de xaneiro de 2022

Aniversario do mes de Xaneiro

 Hoxe celebramos que Covadonga xa ten 4 anos!! 😃 Todos e todas cantámoslle os parabéns!



Feliz aniversario!

https://drive.google.com/file/d/1D4DzjFxSQ5vZCkCA-0kdZ8TFn0UZ6Daa/view?usp=sharing









Xa estamos de volta!!!

 Onte os parruliños e parruliñas voltamos ao cole despois de disfrutar das tan merecidas vacacións de Nadal. E... sabedes o que nos atopamos na clase? Unha chea de agasachos para nós!!! 😍

Había un paquete moi grande que era unha mesa de luz, e outros dous que tiñan uns rotuladores e unhas figuriñas para xogar con ela. O último paquete tiña uns cadernos para pintar moi chulos.

Puxémonos moi contentos e contentas e disfrutamos destes agasallos. 💙


Abrindo os agasallos








Ata sempre parruliños e parruliñas!

 Despois de tres anos, chegou o momento de despedirnos... Foros tres anos marabillosos nos que puidemos compartir experiencias inolvidables!...