domingo, 25 de febreiro de 2024

Aniversario de Daniel

 Neste segundo mes do ano, tivemos de aniversario a Daniel, que xa ten 6 anos!

Para celebralo, decorou a súa coroa, e despois de cantarlle os 'Parabéns', soprou as candeas. Trouxonos unha tarta que fixoa súa nai e estaba boísima!! Despois estivemos movendo o esqueleto e pasámolo xenial!! 😋😋





Parabéns Daniel!!


domingo, 18 de febreiro de 2024

Un paseo polo entroido

 Despois dunha semana onde viñemos ao cole pintados cada día de personaxes diferentes seguindo o mandadiño, o pasado venres chegou o gran día do entroido!

O tema era a maxia, e os nenos e nenas de infantil disfrazámonos de Merlín. Deixámosvos unhas fotiños para que vexades o ben que o pasamos neste entroido.





mércores, 31 de xaneiro de 2024

Día Escolar da Non Violencia e a Paz

 Onde celebramos o Día Escola da Non Violencia e a Paz. Os parruliños e parruliñas estivemos traballando sobre o que é a paz para todos nós. A parte de facer un mural para o corredor, pintando as nosas máns e plasmándoas en forma de corazón, tamén  fixemos un mandala da paz, que nos quedou moi chulo e levámolo colgado no pescozo.  

Saímos có resto do cole ao patio para escoitar os manifestos dos maiores e para cantar todos xuntos e xuntas a canción de Pablo Díaz, Día da Paz. 

Deixámosvos un video e unhas fotos das actividades.


venres, 26 de xaneiro de 2024

Aniversarios de xaneiro

Os parruliños fanse maiores e xa empezan a cumprir 6 anos!!!!

Hoxe festexamos os aniversarios de Ehyver e Covadonga no cole.  Despois de decorar as súas coroas, cantámoslle os Parabéns para ti, sopraron a candea do número 6 e comemos a tarta que trouxeron!

Estaba requeteboa!! 😜😜





PARABÉNS PARRULIÑOS!!!

Sesión de animación!

 O mércores tivemos, na biblioteca do cole, unha sesión de animación con Polo correo do vento.

Puidemos participar cantando, debuxando e escoitando relatos sobre o coidado do medio ambiente. 





sábado, 23 de decembro de 2023

Tempo de Nadal

 Neste mes de decembro, estivemos a facer distintas actividades sobre o Nadal.

Os parruliños e as parruliñas puidemos disfrutar das trasnadas do noso elfo favorito, da elaboración de adornos para a aula e para levar á casa, das panxoliñas, da saída pola cidade...

No último día de cole, participamos nun obradorio de maquillaxe e enchemos os bandullos coa riquísima rosca con chocolate. Tamén disfrutamos cos compañeiros, compañeiras e profes, das campanadas diante do cole! E... para rematar, interpretamos panxoliñas todos os nenos/as  de infantil, e tamén os nenos/as de 1º de primaria!

Moitas grazas ás familias por vir a vernos!!





Fotos Nadal


Voltamos ao cole o luns, 8 de xaneiro!!

BOAS FESTAS!!!💓💓💓


domingo, 26 de novembro de 2023

O aniversario de Olivia!

 O pasado venres celebramos o aniversario de Olivia, que, como o resto dos parruliños e parruliñas, xa ten 5 anos!

Despois de adornar a súa coroa, Olivia soprou as candeas do seu quinto aniversario. Grazas pola tarta tan rica que nos trouxeches! 😉😉





Parabéns Olivia!!!



Ata sempre parruliños e parruliñas!

 Despois de tres anos, chegou o momento de despedirnos... Foros tres anos marabillosos nos que puidemos compartir experiencias inolvidables!...