domingo, 23 de xuño de 2024

Ata sempre parruliños e parruliñas!

 Despois de tres anos, chegou o momento de despedirnos...

Foros tres anos marabillosos nos que puidemos compartir experiencias inolvidables!

Aprendemos xuntos moitísimas cousas, retos, proxectos...

Moitos deses momentos mostrámolos nesta ventá, compartindo convosco os máis felices.

Seguro que a adaptación dos parruliños e parruliñas á nova etapa educativa vai ser xenial e disfrutarana como o fixeron en infantil!

Deséxovos unhas boas vacacións que as tedes ben merecidas!!



mércores, 19 de xuño de 2024

Aniversarios Xuño

Hoxe, celebramos os aniversarios dos últimos parruliños e parruliñas que cumpren anos en infantil.
Lucas, Paz e Sara cumpriron 6 anos neste mes de xuño.
Despois de soprar as últimas candeas do curso, tomamos unha tarta riquísima e... a seguir preparando o baile para mañá!!!😍😍




xoves, 13 de xuño de 2024

Saida ao Museo de Pontevedra

 Hoxe puidemos disfrutar dunha saida ao Museo de Pontevedra. Alí, contáronnos como era a vida hai miles de anos e tamén nos ensinaron materiais arqueolóxicos desa época. 

Despois decoramos un colgante de arxila . Foi unha mañá moi divertida!!




Apicultores por un día!!!

 Por fin chegou o día tan esperado!!

A visita a Apípolis... foi un día inesquecible, no que os nenos e as nenas fixeron un montón de actividades: vestíronse de apicultores e apicultoras para ir ó apiario, sacaron mel dos panais e envasárona en tarriños, fixeron unha vela, galletas de mel, xogaron, comeron xuntos e xuntas... non pararon nin un minuto!

Tampouco nos imos esquecer da viaxe en autobus que lles fixo moita ilusión.

Foi unha saida marabillosa! 




domingo, 2 de xuño de 2024

Aniversario de maio

 Kiara cumpriu 6 anos no mes de maio e festexámolo no cole.

Despois de decorar a súa coroa, soprou as candeas e repartíu a tata de amorodos a todos os parruliños e parruliñas.

Como remate, bailamos todas e todos xuntos/as!! 💚



PARABÉNS, KIARA!!!!!!😍

Ata sempre parruliños e parruliñas!

 Despois de tres anos, chegou o momento de despedirnos... Foros tres anos marabillosos nos que puidemos compartir experiencias inolvidables!...