domingo, 30 de outubro de 2022

O SAMAÍN DOS PARRULIÑOS E DAS PARRULIÑAS!!

 Esta semana estivemos a facer moitas actividades para celebrar esta festa que tanto nos gusta. Fixemos unha exposición de cabazas que trouxeron os nenos e as nenas. Escoitamos e bailamos cancións sobre o Samaín e lemos o conto A casa do rato Renato e o do Samaín.

Grazas á colaboración das familias, o noso cole está decorado con motivos terroríficos cun gran túnel do medo! 😦😦


Rematamos a semana cunha contacontos en inglés, que disfrutamos moitísimo!! 😍




Feliz Samaín para todos e todas!!!




xoves, 27 de outubro de 2022

Aniversarios de outubro

 Hoxe festexamos os aniversarios de Melody e Luciano, que xa teñen 4 anos!!

Fixemos unhas coroas chulísimas, cantamos Parabéns para ti e comemos as tartas que estaban boísimas 😋💖







sábado, 1 de outubro de 2022

Feliz aniversario! 💙

Onte festexamos os aniversarios de Xullo, Agosto e Setembro. 

Celebramos que xa teñen 4 anos Jorge, Valentina, Thiago, Lucía, Carla C, Mario, e Lucca!! 😁





Ata sempre parruliños e parruliñas!

 Despois de tres anos, chegou o momento de despedirnos... Foros tres anos marabillosos nos que puidemos compartir experiencias inolvidables!...