sábado, 21 de maio de 2022

Panadeiros e panadeiras por un día

 Aproveitando a visita ao 'obrador' da panadería Acuña. na Avda. de Vigo, fixemos un pequeno percorrido pola nosa cidade que nos encantou. 

Cando chegamos a panadería recibiunos Jacobo, que nos levou ao almacén e explicounos os productos que tiñan alí e para que os utilizaban. 


Despois, fixemos un percorrido onde nos explicou a elaboración de productos como: empanadas, empanadillas, tartas... e, por suposto, a elaboración do pan!!
Chegou, por último, a actividade que máis nos gustou.. convertímonos en panadeiros e panadeiras, e puidemos disfrutar coa masa e a fariña facendo bolos, churros...

Moitas grazas a Jacobo e a todo o personal da panadería Acuña por contarnos as cousas tan interesantes do seu traballo, tratarnos con tanto cariño, e tamén pola merenda tan rica!!

Déixovos unhas fotiños para que poidades ver o ben que o pasamos! 💙



domingo, 15 de maio de 2022

As Letras Galegas

 Un ano máis, conmemoramos no cole 'As Letras Galegas'. Estivemos buscando información sobre o homenaxeado que é Florencio Delgado. Localizamos nun mapa Pontevedra e Ourense, provincia na que naceu Florencio. 

Ao longo da semana estivemos facendo diversas actividades sobre esta celebración e os parruliños e parruliñas decoraron e levaron para a casa a bandeira de Galicia coa foto do homenaxeado!

Deixovos aquí unhas fotiños da nosa semana :)


Letras Galegas









Ata sempre parruliños e parruliñas!

 Despois de tres anos, chegou o momento de despedirnos... Foros tres anos marabillosos nos que puidemos compartir experiencias inolvidables!...