venres, 25 de marzo de 2022

Aniversarios do mes de Marzo

 Hoxe celebramos no cole que Mateo, Carla I. e Asier, xa teñen catro anos!! 😍

Puxeron as súas coroas e nós cantámoslles o 'Parabéns para ti'.




luns, 21 de marzo de 2022

Saída ao salón do libro

 Hoxe, os parruliños e parruliñas fixemos unha saída para visitar o Salón do Libro no Pazo da Cultura. Cando chegamos estaba ORBIL esperándonos e deunos moitos abrazos!

Fomos a unha contacontos e despois, as nosas guías, Vanesa e Carmen, fixeron connosco unha chea de actividades! Pasámolo xenial!! 😍

Aquí unhas fotiños:

Salón do libro

martes, 8 de marzo de 2022

Día internacional da muller

 Hoxe, 8 de Marzo, os parruliños e parruliñas conmemoramos o 'Día Internacional da muller'.

Vimos un video do Conto 'O libro dos porcos'  e fixemos uns cadros moi chulos que colgamos na árbore do mural do mes de Marzo.











Que vivan todas as mulleres!! 💜💜


Ata sempre parruliños e parruliñas!

 Despois de tres anos, chegou o momento de despedirnos... Foros tres anos marabillosos nos que puidemos compartir experiencias inolvidables!...